Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Salceda de Caselas
Parroquia: Entenza (Santos Xusto e Pastor)
Lugar: A Carrilla
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Cruceiro do ano 1680 que nace sobre unha base cúbica de arestas rebaixadas na que aparecen inscrición nas súas catro caras que, segundo Estanislo Fenández de la Cigoña, din o seguinte

* “ESTE CRUZERO IZO POR SU DEBOCION…
(…)
AÑO DE 1680. AVE M(a)R(ía)”.

* “POR LAS ANIMAS”.

“RECTIFICADO
EN EL AÑO
1978 POR
A(ngel) M(ártinez) R(odriguez) Y E(varisto) B(esada) F(ontaíña)”.

O seu varal de sección octogonal da paso a un capitel decorado con motivos vexetais e outros moi erosionados.
O conxunto remata cunha cruz de sección rectangular na que aparece a imaxe de Cristo crucificado.

Os cruceiros e petos de ánimas de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español.
Asi mesmo o recoñece e garante a Lei 5/2016, do 4 de maio, do Patrimonio Cultural de Galicia, no que hórreos, cruceiros e petos de ánimas, “son bens de interese cultural e quedan sometidos ao réxime xurídico previsto para ese tipo de bens nesta lei, sen necesidade da tramitación previa do procedemento previsto no seu título I, os hórreos, os cruceiros e os petos de ánimas dos que existan evidencias que poidan confirmar a súa construción con anterioridade a 1901.
Os hórreos, cruceiros e petos de ánimas cuxa antigüidade non poida ser determinada ou que fosen construídos con posterioridade á data sinalada anteriormente poderán ser declarados de interese cultural ou catalogados cando se lles recoñeza un especial valor cultural, principalmente etnolóxico”.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACES WEB
PXOM CONCELLO DE SALCEDA DE CASELAS. Ano 2015 (Ficha E-CR-023 – Páxina 112)
https://cruceirosdegalicia.xyz/360490103.html

BIBLIOGRAFÍA
FERNÁNDEZ DE LA CIGOÑA NÚÑEZ, Estanislao. (1998). ESMOLEIROS E PETOS DE ÁNIMAS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA. Ed: IR INDO.
FERNÁNDEZ DE LA CIGOÑA NÚÑEZ, Estanislao. (1997). Cruces e cruceiros de ánimas de Galicia. Ed: Asociación Galega para a Cultura e a Ecoloxía (AGCE).
FERNÁNDEZ DE LA CIGOÑA NÚÑEZ, Estanislao. (2006). CRUCES, CRUCEIROS E PETOS DO CONCELLO DE SALCEDA DE CASELAS. Ed: Asociación Galega para a Cultura e a Ecoloxía (AGCE)

ENLACES DE TIPO LEGAL
http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-1963-6523
https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1985-12534
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160516/AnuncioC3B0-110516-0001_gl.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.077784284826
Lonxitude: -8.552864029675
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84