Outra fotografía:

Tipo de ben: Petróglifo/Estación de arte rupestre,
Concello: Nogueira de Ramuín / Ourense (comarca)
Parroquia: Nogueira de Ramuín (San Martiño)
Lugar: Luintra (A Espiñeira)
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Bronce,
Descrición:

Os primeiros petróglifos descubertos na Espiñera (Luíntra) estaban compostos por dúas combinacións circulares, máis tarde atopouse outra combinación bastante danada a uns 3 metros de distancia e algunhas cazoletas dispersas. Posteriormente, e ocultas pola vexetación, apareceron estas dúas combinacións circulares a uns 10 metros do panel inicial en dirección noreste. A máis grande ten uns 40 cm. de diámetro é está moi erosionada, a medio metro hai outra mellor conservada duns 30 cm. Ambas presentan un suco radial e catro aneis, un deseño moi semellante ao que ten a combinación máis grande do panel inicial polo que parece que o estilo e a cronoloxía coinciden.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

https://adrianourense.wixsite.com/petroglifos/estacions-rupestres

Petróglifos da Espiñeira


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Non
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.408316106984
Lonxitude: -7.7312741530302
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84