
Outra fotografía:
Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Guitiriz
Parroquia: Labrada (Santa María)
Lugar: Xunto a Igrexa
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval, Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
igrexa de orixe románica da que somente quedan orixinais algúns restos de muro. A igrexa foi refeita nos séculos XVII e XVIII. Unha nave con muros de cantería labrada, arco triunfal, capela maior de cachotería e sacristía detrás dela. Conserva o pavimento de pedra e o teito é de artesoado de madeira. No muro lateral dereito está a porta da construción primitiva, leva lintel con tres pequenas cruces no exterior e arco de medio punto no interior. No interior, conserva unhas pinturas murais datadas do século XV, unha auténtica obra de arte merecedora dunha visita.
A fachada principal do século XVIII, segue un esquema pentagonal e no eixo vertical central, organízase de abaixo arriba, coa porta principal rectangular alintelada. Sobre o ingreso unha pequena xanela rectangular abucinada e, enriba desta, unha pequena fornela cunha imaxe da Virxe en pedra. Rompendo o vértice da fachada, unha base para unha espadana de dous corpos franqueado por dous pináculos moldurados e rematado con bóla. O primeiro corpo formado por dous arcos de medio punto que descansan sobre piares moi moldurados e serve para aloxa-las dúas campás. O segundo corpo sobre cornixa, un frontón triangular curvo cun oco circular central, franqueado por dous pináculos bóla. Remata o conxunto un acroterio sobre o frontón cun pináculo con bóla. Enriba da sancristía ten unha pequena espadana dun corpo na que vai aloxada unha campá.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/GUITIRIZ/documents/28290ca004.PDF (Páx. 7).
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.298627345988Lonxitude: -7.8815343976021
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
Xose Troiano says:
Xuñ 2, 2021
Sobre a descuberta das impresionantes pinturas murais do interior da igrexa.
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/lugo/2012/08/29/santa-maria-labrada-ocultaba-obras-genio-interior-lugo/0003_201208L29C8991.htm