Outra fotografía:

Tipo de ben: Escudo / Epígrafe,
Concello: Vigo
Parroquia: Vigo Centro
Lugar: Rúa López Mora
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:

Placa feita en barro vermello con esmalte policromado con tonalidades azuis e branco e forma moldurada situada nun marco metálico. Nela aparece en baixorrelevo e como imaxe central un ocelo no que podemos ver unha muller segando xunto a unha parella de bois, unhas vacas e unhas casas. Por riba o característico castelo que aparece no escudo da cidade olívica. Nos laterais un par de grilandas feitas de ramas de carballo e landras. Na parte baixa da placa podemos ler o nome da rúa onde se sitúa. Existen varias hipóteses sobre a súa autoría. Segundo algúns historiadores, esta placa é obra de Alejandro Curty Pena, escultor e artista galego nado en Vigo o 17 de maio de 1876 e finado na mesma cidade o 15 de abril de 1944. Outros historiadores din que este elemento urbano foi fundido en Talavera de la Reina e é obra do escultor Mariano Benlliure Gil (Valencia 1862, Madrid 1947), o último grande artista do realismo decimonónico, e autor tamén da placa da rúa en honor a Eduardo Iglesias que se pode ver no Museo Quiñones de León (Vigo).
É unha placa única na cidade por técnica e autoría que estivo a piques de desaparecer ao derrubar o edificio onde se localizaba anteriormente.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/vigo/vigo/2013/11/02/placa-historica-calle-lopez-mora-sera-conservada/0003_201311V2C29911.htm

La placa de López Mora


http://sudsinner.blogspot.com/2015/06/placa-historica-de-la-calle-lopez-mora.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.227798849239
Lonxitude: -8.7324848641538
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84