Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro, Petos de ánimas,
Concello: Vigo
Parroquia: Valadares (Santo André)
Lugar: Prado
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XXI,
Descrición:

Cruceiro situado nunha encrucillada de camiños que nace sobre dous chanzos de sección cadrada.
A súa base cúbica presenta unha cruz de Santiago nunha das súas caras, e varias lendas nas outras:
“A SAN CAMPIO
DEVOTIONE SANATIO
MORBOS.
CARMINIBYQYE
ET POSSESIONE
DIABOLICA”.

“ANNO MMXII
D L. ARMADANS”

A continuación vemos unha fornela con arco de medio punto e na que aparece un retablo pétreo composto de 4 almiñas no centro sobre als lapas do Purgatorio (un bispo, dous nenos e unha muller) e a imaxe sedente de San Campio na parte inferior. Na parte superior unha cruz patada.

O varal de sección octogonal da paso a un capitel con volutas e flores de catro puntas no centro de cada lado.
O conxunto remata cunha cruz de sección cadrada e brazo horizontal de arestas rebaixadas na que aparece a imaxe de Cristo crucificado coa cartela de INRI.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACE WEB
http://cruceirosdegalicia.xyz/360572101.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.169273179579
Lonxitude: -8.7091261863373
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84