Outra fotografía:
Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Vigo
Parroquia: Valadares (Santo André)
Lugar: Sobreira
Outra denominación do ben: Os Castros
Cronoloxía: Idade do Ferro, Época Romana,
Descrición:
Xacemento situado entre os 270 e os 290 metros de altitude sobre o nivel do mar.
Segundo apunta Francisco Xavier Fernández Nogueira, o castro “presenta unha acrópole de forma oval defendida por terrapléns de entre 7 e 10 m.
A parte inferior do castro ten unha forma alongada que chega ata algo máis de 150 m. de longo, con distintos niveis e restos de muros de difícil determinación. Esta parte posúe un foxo de 5-7 m. de ancho que nalgunhas zonas está escavado na rocha base.
Por riba do terraplén conserva restos de muralla de pedra no sector meridional e setentrional”.
O uso do castro chegou ata a época romana.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta: GA36057064
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
A memoria popular recollida no lugar di que foron os mouros os que construíron e habitaron o castro.
Tamén se recolleu a historia da existencia dunha torre entre o coñecido como “Lapra do Castro” e o bico da parte alta do terraplén.
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
REFERENCIA WEB
https://xmu.vigo.org/docs/pxom/Memorias/Tomo-VI/Fichas/Catalogo/X_064.pdf
BIBLIOGRAFÍA
Fernández Nogueira, Francisco Xavier. (2017). Achega sobre os castros de Valadares descubertos en 1982. Revista Glaucopis (Instituto de Estudos Vigueses). Número 22
Afeccións
Ten camiño de acceso?: NonEstá cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.172796589482Lonxitude: -8.7039911997644
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84