Outra fotografía:

Tipo de ben: Ermida,
Concello: Val do Dubra
Parroquia: Portomouro ( San Estevo)
Lugar: Novais
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Capela de planta rectangular dunha soa nave feita a base de perpiaño escuadrado e cachotería. Ten o teito caído e case todo o edificio ameaza ruína. Ten acceso pola zona noroeste por unha entrada alintelada e que na súa base ten unha pedra con gravado de debuxo xedrezado. Conserva o arco triunfal de medio punto labrado con doelas de boa cantería. No presbiterio unha estreita ventá rematada en arco de medio punto e orientada ao sueste daba luz no interior. Na parte inferior deste oco está labrada unha cruz coa forma patada na base. Noutros puntos do templo pódense ver tamén outras cruces gravadas nas fiadas inferiores de perpiaños dos lenzos dos muros, e difíciles de apreciar por mor dos derrubamentos das pedras das partes superiores destes.
Polas trazas das paredes, o edificio parece que foi reformado para outros usos reaproveitando parte das pedras e colocándoas noutros lugares. Hai un pequeno muro cegando parte do arco triunfal facendo un recinto a modo de cortello, e unha pía grande de pedra para conter agua acaroada ao muro esquerdo da capela. Algúns canzorros están fora de lugar colocados nos muros, fixéronse buratos para poder apousentar vigas para un posible sobrado e a dereita da porta parecen adiviñarse os restos da base dunha pía bautismal.
A capela tería relación co Mosteiro de Novalis cerca do río Tambre e que aparece nomeado na Historia Compostelana, no ano 1108, nunha doazón onde sinala o sitio como “in ripa Tameris de Monasterio Novallis”


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Freire Camaniel, José. El Monacato gallego en la Alta Edad Media.

web

As Repúblicas de Homes Libres (3c): ou como o patrón nos axuda a descubrir cousas


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.968026874922
Lonxitude: -8.6233985424042
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84