Igrexa parroquial de San Miguel de Reinante
Catalogouno Oscar Franco o Ago 4, 2021 • 2:43 p.m. •
Outra fotografía:
Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Barreiros
Parroquia: San Miguel de Reinante (San MIguel)
Lugar: A Barranca
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
Edificación relixiosa feita en cantaría granítica e formigón, dunha soa nave con cruceiro. A sancristía atópase na parte traseira
Na fachada principal destaca a súa torre campanario de catro corpos. O acceso ao interio realízase por medio dunha zona porticada. A porta de acceso presenta unha lápida de dedicación cunha lenda moi erosionada e de difícil lectura que di:
“(…) ESTA OBRA SE YZO (…)
SIENDO RECTOR EL (…) BARTOLOME (…)
(…) Y ANDRADE (…) CLAUDIO (…)
(…) CELE (…)”.
A torre campanario foi realizada a finais da década dos 30 – inicios dos 40 do século XX, pois a igrexa antiga tiña unha espadana de dous corpos, un alto cunha troneira baleira e un baixo con dúas troneiras onde se volteaban as campás.
Fotogrametría:
Propiedade: PúblicaPrivada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
A Igrexa alberga varios retablos e imaxes dos séculos XVI, XVII e XVIII.
Tamén un áliz de plata de finais de século XVII que posúe a seguinte inscripción:
“Diole de limosna a la iglesia Parroquial de San Miguel de Reinante don Felipe de O Regó Soto”
No brazo dereito do cruceiro existe unha lápida con inscricións.
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
ENLACE WEB
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/BARREIROS/documents/0652CA012.PDF (páxina 9)
https://mondonedoferrol.org/includes/tabla-parroquia-ficha.php?id=141
http://osespigueiros.blogspot.com/2020/09/a-igrexa-de-san-miguel-por-pancho-e-tino.html
BIBLIOGRAFÍA
VV.AA. (1975). Inventario artístico de Lugo y su provincia. Servicio nacional de información artística, arqueológica y etnológica. Ministerio de educación y ciencia
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.543756417749Lonxitude: -7.1951884315859
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
Se estiveches nel, valora o estado deste Ben Cultural (é importante):




(Aínda sen valorar)
620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!




