Igrexa parroquial de San Pedro de Benquerencia
Catalogouno Oscar Franco o Ago 4, 2021 • 1:37 p.m. •
Outra fotografía:
Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Barreiros
Parroquia: San Pedro de Benquerencia (San Pedro)
Lugar: Suigrexa
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Edifiación orixinaria do século XVI con posteriores reformas e modificacións (especialmente no ano 1960), que posúe unha nave con capelas laterais e sancristía na parte traseira.
A súa fachada principal presenta porta de acceso con arco lintelado que destaca pola cabeza de anxo na parte superior do arco. Máis arriba unha fornela coa imaxe do patrón, e un ocelo. Na parte superior cunha espadana de dous corpos e tres vans nos que sobresaen cabezas nos seus arcos. O conxunto remata con pináculos de bóla nos laterais e cruz metálica no cume.
No seu interior podemos ver unha bóveda de canón cubrindo a nave. O cruceiro posúe unha bóveda nervada gótica apoiada sobre cornixa dórica e arcos formeiros, e na que destaca unhas pinturas murais do século XVIII que nos mostras aos catro evanxelistas.
Na bóveda do presbiterio tamén existen pinturas murais de anxos do século XIX.
Fotogrametría:
Propiedade: PúblicaPrivada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
As pinturas murais dos 4 Evanxelistas do interior da igrexa presentan características similares. Algúns autores sosteñen que pertencen ao século XVIII, e máis concretamente ao ano 1765.
O Retablo maior de estilo rococó alberga diferentes imaxes: San Pedro, Santo Antonio, San Xosé, a Virxe de Fátima e o Espírito Santo con raios.
A mesa do altar destaca por un escudo pontificio que mostra os símbolos da tiara, da cruz, a palma sobre panos e as chaves.
No retablo do lateral esquerdo do cruceiro existe unha imaxe de Cristo de época barroca que tiña os brazos articulados.
Outras imaxes do interior da igrexa son: San Bernardo, San Bieito, 4 anxos de talla do século XIX, San Miguel e Santa Lucía do século XVIII
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
ENLACES WEB
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/BARREIROS/documents/0652CA012.PDF (páxina 8)
https://benquerencia.info/iglesia/
https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/180521000286/igrexa-san-pedro?langId=es_ES&tp=8&ctre=31
BIBLIOGRAFÍA
VV.AA. (1975). Inventario artístico de Lugo y su provincia. Servicio nacional de información artística, arqueológica y etnológica. Ministerio de educación y ciencia
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.555223167978Lonxitude: -7.2052988711014
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
Se estiveches nel, valora o estado deste Ben Cultural (é importante):




(Aínda sen valorar)
620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!





1 comentario
Oscar Franco says:
Ago 4, 2021
Detalle da espadana coa súa decoración.