
Outra fotografía:

Tipo de ben: Ermida,
Concello: Muros / Muros (comarca)
Parroquia: Tal (Santiago)
Lugar: Tal (Illa de Santa Catalina)
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
Restos da ermida de Santa Catalina na illa do mesmo nome situada ao leste da enseada de Bornalle. Os lenzos de muros esborrallados están na parte alta da illa e rodeados dunha mesta vexetación, sobre todo de cerquiños, loureiros, abruñeiros e espiños. A capela está debuxada nos mapas da costa galega de Pedro Teixeiras do ano 1634, e nomeada no libro “Derrotero de las Costa de España en el Océano Atlántico y de las islas Azores ó Terceras…” de Vicente Tofiño de San Miguel publicado no ano 1789. Na descricion que fai desta zona da costa podemos ler : “La punta de Outeiro gordo, desde la cual principia la ensenada de Bornalle con playa y riachuelo en su fondo, y termina en una pequeña isla toda rodeada de islotillos y piedras ocultas, con una ermida en su cumbre ya abandonada y que fué dedicada a Santa Catalina”. Na ficha do catálogo de Bens Culturais do Pxom de Muros do ano 2010, descríbese a illa dentro do recinto do castro de Santa Catalina (Testas do Castro ou Cotriño): “ na illa moi cuberta de vexetación non foi localizada ningunha estrutura de castro, diversas fontes indican a existencia neste punto dos restos dunha antiga capela consagrada a Santa Catalina, máis a vexetación existente impediu localizar os seus restos”
Fotogrametría:
Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta: GA15053002
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Derrotero de las costas de España en el Océano Atlántico, y de las Islas Azores ó Terceras, para inteligencia y uso de las cartas esféricas presentadas al Rey… por… Antonio Valdés… / construidas de orden de S.M. por el brigadier de la Real Armada Don Vicente Tofiño de San Miguel. Tofiño de San Miguel, Vicente. Madrid 1789.
Catálogo do Pxom de Muros, ficha GA15053002
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/MUROS/documents/22396CA002.PDF
Afeccións
Ten camiño de acceso?: NonEstá cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi malo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.783424776304Lonxitude: -9.0152889266382
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84