
Outra fotografía:
Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Boiro
Parroquia: Cespón (San Vicenzo)
Lugar: A Igrexa
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Altomedieval,
Descrición:
Igrexa de estilo románico de metade do século XII, da que se conserva a cabeceira e algúns canzorriños. Máis adiante tivo diversas ampliacións no ano 1690, como consta na súa entrada principal polas inscricións de Diego García Fandiño, e tamén se construíu a torre campanario en 1794.
Polo exterior tamén conta con antigos gravados, e un moi curioso en relación co purgatorio e o inferno. Tamén chama moito á atención a cruz de tradición celta sobre a cabeceira.
É coñecida por ser a igrexa máis antiga do concello de Boiro e por contar cunha importante reliquia (a tibia de San Vicente) doada por Fray Xosé Arreondo.
No seu interior conta cun excelente baldaquino gótico
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.6759992663Lonxitude: -8.85481953621
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84


620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!





6 comentarios
Oscar Franco says:
Ago 9, 2014
Levantada probablemente sobre unha necrópole romana. É de planta de cruz latina cunha soa nave, con dúas capelas laterais e unha ábsida na cabeceira. Está cuberta por unha bóveda de canón rebaixada que se apoia en arcos faixóns de medio punto. Os seus muros son de cantería de granito. A fachada principal conserva a portada románica, abucinada con arquivoltas sobre dous pares de columnas. O baldaquino é do gótico tardío do s. XVI, situado á entrada e composto por dous arcos conopial tallados con escenas dos Apóstolos e o Descendemento.
Oscar Franco says:
Nov 12, 2015
Engado os seguintes enlaces:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/BOIRO/documents/0070CA003.PDF (Páxina 4)
http://www.boiro.org/boiro/ShowService.do?serviceId=42&fields=NCI1W3&startIndex=1
http://www.xenealoxiasdobarbanza.es/san-vicente-de-cespon.html
http://www.turgalicia.es/ficha-recurso?langId=gl_ES&cod_rec=5061&ctre=31&volverFicha=true
Oscar Franco says:
Mai 9, 2016
No lateral esquerdo podemos ver un retablo exterior. Este conxunto mandouno facer o prior Diego García Fandiño no ano 1706.
O retablo da esquerda representa o Purgatorio e o da dereita o Inferno.
O retablo da esquerda, que representa ao Purgatorio, ten cinco ánimas entre as lapas presidida pola imaxe da salvadora da cruz. Un anxo axuda á liberación da que se atopa pola banda da dereita. Na súa parte superior aparece a seguinte inscrición:
“EL PURGATORIO Y EL INFIERNO ES LO MISMO EN EL QUE SIENTE SOLO SE HACE DIFERENTE EN LO TEMPORAL Y ETERNO.
HIJO, PADRE, ESPOSO, AMIGO, HERMANO QUE (…) ALIVIA CON TUS FAVORES YA QUE FUERON MI CASTIGO”
No retablo da dereita, que representa ao Inferno, aparece unha ánima entre as lapas que comeza a ser devorada por un demo, mentres que outro lle ataca cun caxato. Na súa parte superior aparece a seguinte inscrición:
“ES EL INFIERNO UN PENAR Y UN PAYA SIEMPRE MORIR QUE NO SE PUEDE SUFRIR Y NO SE PUEDE ACABAR.
EL ALMA QUE AL INFIERNO FOSE EN ESTA YA NO HAY QUE DAR Y QUE DIOS HA DE FALTAR ANTES QUE FALTES DE FE”.
Oscar Franco says:
Mai 10, 2016
Na parte dereita do retablo exterior aparece a seguinte inscrición:
“SUSPIROS DE UN ALMA DEL PURGATORIO.
AY DE MI QUE EN LLAMAS QUEDO
AY QUE ENQUIERENSA CARNE
AY QUE NO PUEDO ANDARME
AY QUE QUE PUEDO Y YA NO PUEDO
AY QUE DOLOR TAN AZEDO
AY QUE NO A LA QUIEN BOLBER
AY LO MUCHO QUE HE DE ARDER
AY QUE PIDO I NO AI RESPONDEN
AY QUE NO ME CORRESPONDEN
AY QUE DIOS ESTA DE VER”
Oscar Franco says:
Mai 10, 2016
Na parte esquerda do retablo exterior aparece a seguinte inscrición:
“GRITOS DE UN ALMA CONDENADA.
AY DE MI QUE BOENDOVEDO
AY QUE NO ESPERO ALIBIARME
AY QUE NO PUEDEN SACARME
AY QUE PUEDO Y YA NO PUEDO
AY QUE DOLOR TAN AZEDO
AY QUE NO AI A QUIEN BOLBER
AY QUE POPS EMPREENDE ARDER
AY QUE NO IME RESPONDEN
AY QUE NO ME CORRESPONDEN
AY QUE A DIOS SNUNCHAS”
Oscar Franco says:
Mai 10, 2016
E a última inscricion, que a podemos ver entre a porta e o retablo exterior. Di o seguinte:
“HIZOSE ESTA CAPILLA SIENDO Por EL BR DIEGO Gra
FANDIÑO Y FABRICO CHRISTO BALDEBERMAYA. AÑO DE 1706”.
Información tirada do libro ESMOLEIROS E PETOS DE ÁNIMAS DA PROVINCIA DA CORUÑA de Estanislao Fernández de la Cigoña e Núñez, editorial IR INDO. Ano 1998.