
Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Ribadeo
Parroquia: Arante (San Pedro)
Lugar: A Ponte
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:
Edificación relixiosa do século XV feita a base de cantaría e cachotería, cos muros revocados en branco. Posúe planta rectangular cunha soa nave e cuberta de xisto a tres augas. A sancristía atópase no muro esquerdo.
Na fachada principal podemos ver unha porta de acceso doelada con arco de medio punto, unha pequena seteira, e de remate unha espadana dun só corpo, de dous vans con arcos de medio punto, e con cruz de ferro no cume.
Nos muros laterais existen sendas portas de acceso doeladas con arcos de medio punto. Unha delas con cruces labradas nos lados.
No interior a nave posúe arco triunfal oxival moi apuntado. A capela maior presenta bóveda nervada apoiada sobre ménsulas con bólas de estilo isabelino, de finais do século XV.
Esta igrexa está catalogada como BIC. Ao seu carón existiu un hospital de Peregrinos desde o século XVI do que hoxe non quedan restos.
Nesta igrexa celébrase unha romería no luns de Pentecostés coñecida como a “Romería das Cruces” e está declarada de interese turístico. Conmemorase a victoria sobre as tropas napoleónicas dos veciños e veciñas das sete parroquias dos concellos de Ribadeo e Trabada. Estas parroquias levan as súas cruces procesionais ata a igrexa.
Fotogrametría:
Propiedade: PúblicaPrivada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
No interior da igrexa podemos ver un fabuloso conxunto de pinturas murais de época tardo-medieval de temática mariñeira que foron descubertas nos anos setenta do século pasado:
– Na ábsida da capela vemos varias escenas marianas e 4 paisaxes do evanxeo de San Mateo (a infancia de Cristo, a natividade, a adoración dos Magos, a matanza dos inocentes e a fuxida a Exipto).
– No arco triunfal vemos 2 animais mitolóxicos con motivos vexetais e outras imaxes.
– No muro Norte vemos frescos que mostran a Asunción, a coroación de María e o Descendemento. Xunto a elas unha inscrición que reza o seguinte: “Esta obra mandó hacer el Sr. Pedo Pardo de Aguiar, Señor del coto de Samarugo a su costa se inició de nuestra Sra. en el 1516”
– No muro Sur vemos un naufraxio, exvoto mandado pintar polo capitán de infantería D. Domingo de Carranza y Aguiar que salvou a vida nun naufraxio por intercesión da Virxe.
Tamén podemos ver un retablo do ano 1750, así como un conxunto de imaxes como a Nosa Señora das Virtudes, San Miguel, San Rafael, un Cristo crucificado do século XVII, un San Cosme do século XVII
Tradición oral:
Historia recente do ben:
A Xunta de Galicia inicia as obras de restauración do santuario e das pinturas do interior. A nova é de novembro de 2021 (ver referencias bibliográficas).
Referencias bibliográficas:
ENLACES WEB
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/RIBADEO/documents/27886ca001.PDF (ficha 01-02)
https://mondonedoferrol.org/includes/tabla-parroquia-ficha.php?id=116
https://www.uparibadeo.net/arante
BIBLIOGRAFÍA
VV.AA. (1975). Inventario artístico de Lugo y su provincia. Servicio nacional de información artística, arqueológica y etnológica. Ministerio de Educación y Ciencia
DANOS NAS PINTURAS MURAIS
https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/55414/xunta-invierte-183-000-euros-mejora-del-santuario-arante-ribadeo?langId=es_ES
https://www.elprogreso.es/articulo/a-marina/lluvia-dano-pinturas-iglesia-arante-ribadeo/202008311254231457651.html
RESTAURACIÓN DAS PINTURAS (NOVEMBRO 2021)
https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/63180/xunta-inicia-las-obras-restauracion-del-santuario-arante-ribadeo-con-una-inversion?langId=es_ES
http://culturagalega.gal/noticia.php?id=33089
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
As pinturas murais do interior da igrexa están afectadas polas humidades e as chuvias. Van ser restauradas (ver referencias bibliográficas novembro 2021)
Onde está localizado
Latitude: 43.496656479303Lonxitude: -7.1432448286122
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84