Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Ribadeo
Parroquia: Cedofeita (Santa María Madanela)
Lugar: A Igrexa
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII), Século XIX,
Descrición:

Edificación relixiosa construída entre os séculos XVII e XVIII con posteriores reformas no século XIX.
A igrexa está feita a base de cachotaría cos muros revocados con cal, de naves e cuberta a dúas augas agás no presbiterio que é a catro augas. O conxunto se completa con dúas sancristías, unha delas con pequena espadana.

Na fachada principal destaca a súa torre campanario que nace sobre unha bóveda de arestas con arcos de medio punto. Nela aparece a porta de aceso. Un pouco maís arriba vemos unha praca coa seguinte lenda:
“Esta torre se hizo siendo Cura Don Melchor Vilela y R. año de 1808”.
A torre campanaro remata cunha cúpula.
Nun dos muros laterais existe outra porta de aceso

No interior, a igrexa presenta un primeiro tramo pequeno cuberto con bóveda de medio canón e os outros tres seguintes con bóveda de aristas capialzadas.
O presbiterio posúe bóveda de arestas.
Sobre a porta da sancristía esquerda existe unha inscrición en pedra de difícil lectura polas capa de cal que contén.

A Parroquia de Santa María Magdalena de Cedofeita aparece xa en documentos de principios do século XIII, nunha serie de acordos entre o rei Alfonso IX e mailo bispo Paio Cebeira.


Fotogrametría:

Propiedade: PúblicaPrivada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:

No interior da igrexa existen varios retablos. O maior é de época neoclásica; o da nave lateral esquerda de éppoca barroca;
Tamén existen varias imaxes, como unha Snta María Madalena con cruz e caveira nas mans (do século XVIII), unha Inmaculada (do século XIX), a Virxe da Esperanza (do século XVIII), unha Virxe co Neno pintada ao óleo con coroa de madeira (do século XVII), San Caetano e San Pedro (dos séculos XVIII), Santa Lucía (do século XVI)
Destaca unha Cruz procesional do século XVIII.


Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACES WEB
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/RIBADEO/documents/27886ca002.PDF (ficha 02-02)
https://mondonedoferrol.org/includes/tabla-parroquia-ficha.php?id=123
https://www.uparibadeo.net/cedofeita
https://ribadeo.com/es/ribadeo/parroquias/38-parroquias/133-cedofeita.html

BIBLIOGRAFÍA
VV.AA. (1975). Inventario artístico de Lugo y su provincia. Servicio nacional de información artística, arqueológica y etnológica. Ministerio de Educación y Ciencia


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.493752870026
Lonxitude: -7.1273151219316
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84