Outra fotografía:
Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Castroverde
Parroquia: Santo Estevo de Furís
Lugar: Furís de Arriba / A Eirexe
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Ten unha base ou pedestal cuadrangular, estriada e de pouca altura que se apoia sobre unha plataforma con chanzos. O fuste ou varal, de sección octogonal e o capitel troncocónico con diferentes estrías. Enriba, unha pequena cruz sobre doutra base circular que asenta no capitel. Todo o conxunto é de granito. Diante ten unha mesa ou pousadoiro, tamén de granito.
Foi trasladado hai uns anos desde a súa localización orixinal, preto da encrucillada que fai a estrada de Riomol a Furís de Arriba coas que van a Lourentín e Furís de Abaixo.
Fotogrametría:
Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Muñiz Besteiro, Manuel. Itinerarios polo concello de Castroverde. Asociación de Amigos do Patrimonio de Castroverde, 2011
Plan Xeral de Ordenación Municipal do concello de Castroverde, 2008
https://siotuga.xunta.gal/siotuga/documentos/urbanismo/CASTROVERDE/documents/26345CA185.pdf (pàxina 3 de 5 do pdf)
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Unha esquina do pousadoiro está rota.
Onde está localizado
Latitude: 42.971213071575Lonxitude: -7.2799856516733
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
Oscar Franco says:
Out 8, 2021
Engado a seguinte referencia web:
http://cruceirosdecastroverde.blogspot.com/2014/11/ii-cruceiros-e-cruces-da-via-xix-ao-seu.html
E a seguinte referencia bibliográfica:
MUÑIZ BETEIRO, Manuel e FIGUEROA PAZ, Antonio V. (2021). Cruceiros, cruces e petos de ánimas do Concello de Castroverde – Lugo (en liña: https://cruceirosdegalicia.xyz/libros/Castroverde.pdf)
Os cruceiros e petos de ánimas de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español.
Asi mesmo o recoñece e garante a Lei 5/2016, do 4 de maio, do Patrimonio Cultural de Galicia, no que hórreos, cruceiros e petos de ánimas, “son bens de interese cultural e quedan sometidos ao réxime xurídico previsto para ese tipo de bens nesta lei, sen necesidade da tramitación previa do procedemento previsto no seu título I, os hórreos, os cruceiros e os petos de ánimas dos que existan evidencias que poidan confirmar a súa construción con anterioridade a 1901.
Os hórreos, cruceiros e petos de ánimas cuxa antigüidade non poida ser determinada ou que fosen construídos con posterioridade á data sinalada anteriormente poderán ser declarados de interese cultural ou catalogados cando se lles recoñeza un especial valor cultural, principalmente etnolóxico”.
ENLACES DE TIPO LEGAL
http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-1963-6523
https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1985-12534
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160516/AnuncioC3B0-110516-0001_gl.html