Outra fotografía:

Tipo de ben: Ermida,
Concello: Castroverde
Parroquia: Santo Estevo de Furís
Lugar: A Abelleira
Outra denominación do ben: Capela da Abelleira
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Pequena capela situada no núcleo da Abelleira. Ten planta rectangular con cuberta de lousa a dúas augas e muros de cachotaría de granito. Nun lateral hai unha pequena ventá. Porta de entrada de madeira, alintelada con granito. No cumio ten unha pequena espadana.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Sen usoOutros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:

As aldeas da Montaña, nomeadamente A Abelleira, A Azoreira, O Couso e O Latadal celebraban o padroado de San Roque o día 16 de agosto cunha misa na capela e unha festa no campo.


Historia recente do ben:

Foi restaurada en 2009.


Referencias bibliográficas:

Muñiz Besteiro, Manuel. Itinerarios polo concello de Castroverde. Asociación de Amigos do Patrimonio de Castroverde, 2011

Plan Xeral de Ordenación Municipal do concello de Castroverde, 2008
https://siotuga.xunta.gal/siotuga/documentos/urbanismo/CASTROVERDE/documents/26345CA005.pdf (pax 2 do pdf)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.968097530785
Lonxitude: -7.256016433239
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84