Outra fotografía:

Tipo de ben: Reitoral,
Concello: Castroverde
Parroquia: Santo Estevo de Furís
Lugar: Furís de Arriba / A Eirexe
Outra denominación do ben: A Reitoral
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:

Casa reitoral de planta rectangular e dous andares. Presenta muros de carga perimetrais e transversais de xisto e cachotaría de granito. Recercado de vans en cantaría. Cuberta de lousa do país, a tres augas, con trabes e cangos de madeira. Foi construída aproximadamente en 1850, con reformas menores posteriores. A antiga palleira da casa (segunda fotografía) está situada ao oeste enfronte do colexio e foi transformada en vivenda con taberna e pequena tenda de comestibles que se mantivo aberta até a década dos 80 do pasado século.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Plan Xeral de Ordenación Municipal do concello de Castroverde, 2008

https://siotuga.xunta.gal/siotuga/documentos/urbanismo/CASTROVERDE/documents/26345CA033.pdf (pax 1 do pdf)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Non
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Actualmente está en estado ruinoso e cuberta de maleza, con difícil acceso.


Onde está localizado

Latitude: 42.971305250605
Lonxitude: -7.279427081646
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84