Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Castroverde
Parroquia: Santo Estevo de Furís
Lugar: Furís de Abaixo
Outra denominación do ben: Croa do Castelo, Croa da Casiña
Cronoloxía: Idade do Ferro, Época Romana,
Descrición:

Coñecido localmente como A Croa do Castelo ou da Casiña, pois asenta sobre un contraforte da ladeira baixa do monte homónimo. Ten a entrada no SE (a parte máis alta) e está conformado por un recinto ou croa de boas dimensións, defendido por unha muralla de 2,2 m de largo feita de cachotaría de xisto, un terraplén de 10 m de altura e un grande foso de 12 m de largo. Afectado pola pista que o rodea por N e O, presenta un aproveitamento forestal antigo de frondosas. O castro sitúase ao pé do moi probábel trazado da vía romana XIX de Braga a Astorga polo monte da Casiña, segundo os estudos do profesor Rodríguez Colmenero. A relación deste asentamento e mais do castro de Pereira coas numerosas explotacións auríferas de época romana da contorna parece obvia.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:

Practicamente sen escavar, na década dos 70 fíxose algunha prospección na que apareceron restos cerámicos e unha fíbula. O ano 1978, á beira do antigo camiño da Casiña e a uns 300 m do castro atopouse unha cabeza antropomorfa de granito con trazos moi elementais (“El Progreso” 6/VI/1978), hoxe en paradoiro descoñecido.


Tradición oral:

Cóntase que o recinto se comunicaba co regato veciño por medio dun túnel ou cova, pola que as “mouras” baixaban buscar auga.


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Delgado Gómez, Jaime. “Cabeza humana tallada en piedra, encontrada en Furís (Castroverde)” en “El Progreso”, 6/VI/1978

Muñiz Besteiro, Manuel. Itinerarios polo concello de Castroverde. Asociación de Amigos do Patrimonio de Castroverde, 2011

Plan Xeral de Ordenación Municipal do concello de Castroverde, 2008
Ficha do catálogo arqueolóxico do PXOM de Castroverde. 2008
https://siotuga.xunta.gal/siotuga/documentos/urbanismo/CASTROVERDE/documents/26345ca368.JPG

Rodríguez Colmenero, Antonio e Álvarez Asorey, Rubén. Vía Romana XIX. Unha viaxe dende Lugo aos Ancares. Vías Atlánticas. Lugo, 2008.

Valiña Sampedro, Elías. “Furís” en: VVAA. Inventario Artístico de Lugo y su Provincia. Tomo III. Madrid: Servicio de Publicaciones del Ministerio de Educación y Ciencia, 1975


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Foi afectado pola apertura dunha pista. A explotación forestal xa é antiga.


Onde está localizado

Latitude: 42.967204591423
Lonxitude: -7.2742423716202
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84