
Outra fotografía:
Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Moeche
Parroquia: Labacengos (Santa María)
Lugar: Igrexario
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:
Cruceiro de tipo “De Crucifixo” con plataforma cuadrangular de tres chanzos e pedestal cuadrangular cun perfil mixtilíneo con remates moldurados e cun peto adousado no pedestal. No pedestal ten unha inscrición: “SE HIZO A LaDE / BOCION de MANU / EL CASAL Y CAR / MEN MARTINEZ / Año de 1899”. No lado que ten o peto (no anverso), a seguinte inscrición: “LIMOSNA A S. ANTONIO / Y S. ROQUE”. O varal é octogonal comezando e rematando en cadrado. O capitel troncopiramidal invertido con astrágalo cuadrangular e liso. Ábaco de lados curvos e vértices achafranados, con volutas e anxos pregando. A súa cruz é cuadrangular cos brazos en chafrán. No anverso da cruz presenta a Cristo Crucificado con tres cravos, mans abertas e pé dereito sobre o esquerdo. Cabeza caída sobre o ombro esquerdo cunha coroa de espiñas e un pergamiño coas siglas INRI. O seu pano de pureza vai suxeito cunha corda. Polo reverso da cruz fica a Virxe en actitude de orar coas mans xuntas e sobre unha peaña. O cruceiro está construído en serpentina cun mal estado de conservación. A figura de Cristo esta rota e falta a metade do corpo cara ós pés.
Tamén é un BIC declarado: Os cruceiros de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademáis, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español; así o recoñece e garante a Lei 8/1995, do 30 de outubro, do Patrimonio Cultural de Galicia.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
– MARTÍN RUIZ, L.: “Cruceiros na provincia da Coruña”. Volume II. Deputación Provincial da Coruña, 1999.
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/MOECHE/documents/0225CA001.PDF (Páx. 2).
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/MOECHE/documents/0225CA002.PDF (Páx. 4).
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.565179754803Lonxitude: -7.979729387008
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84


620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!




