Outra fotografía:
Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Moeche
Parroquia: Moeche (San Xurxo)
Lugar: Castelo de Abaixo (Igrexario)
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:
Cruceiro de tipo “De Crucifixo” con plataforma octogonal de tres chanzos e pedestal octogonal rematado cun bocel e mediacana. O varal é circular que soporta un capitel cilíndrico con astrágalo circular e liso. Ábaco de lados rectos, volutas e follas de “forma acorazonada”. A súa cruz é circular, leñosa con nós cun pedestal troncopiramidal. No anverso da cruz presenta a Cristo Crucificado con tres cravos, sinalando cos índices de ámba-las mans e pé dereito sobre o esquerdo. Inclina a cabeza cara á dereita cunha coroa de espiñas e cun pergamiño coas siglas INRI. O pano de pureza vai suxeito cunha corda. Polo reverso da cruz fica a Virxe en actitude de orar coas mans en cruz sobre o peito e situada sobre unha peaña dun querubín. O cruceiro está construído en serpentina cun bo estado de conservación. Este cruceiro foi construído en 1905 polos canteiros Atilano Soto (Atilano do Pereiro), José María Soto (José Mª do Castelo, o seu irmán), José Ramón Tuimil (José Ramón do Prado) e Ramón Lago (da Vila).
Tamén é un BIC declarado: Os cruceiros de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademáis, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español; así o recoñece e garante a Lei 8/1995, do 30 de outubro, do Patrimonio Cultural de Galicia.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
– MARTÍN RUIZ, L.: “Cruceiros na provincia da Coruña”. Volume II. Deputación Provincial da Coruña, 1999.
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/MOECHE/documents/0225CA001.PDF (Páx. 2).
https://cruceirosdegalicia.xyz/1504901.html
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.548927844961Lonxitude: -7.9933543061693
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84