Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Ortigueira
Parroquia: Freires (San Paio)
Lugar: Adro da igrexa
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Cruceiro de tipo “De Crucifixo” con plataforma cuadrangular de tres chanzos e pedestal cúbico con remates en chafrán. Ten un varal octogonal que comenza e remata en cadrado. O capitel é cuadrangular moldurado que soporta unha cruz octogonal con remates florenzados e botón central. No anverso da cruz presenta a Cristo Crucificado con tres cravos, mans abertas e pé esquerdo sobre o dereito. Ten a cabeza ergueita cunha coroa de espiñas e unha cartela coas siglas INRI. O Pano de pureza vai anoado á dereita. No reverso da cruz carece de imaxe. O cruceiro é todo de granito cun estado regular de conservación.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.650778317014
Lonxitude: -7.8379732262743
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84