Outra fotografía:

Tipo de ben: Muíño,
Concello: Castroverde
Parroquia: Santo Estevo de Furís
Lugar: Furís de Abaixo
Outra denominación do ben: Muín de Cabanela
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Relo, ou muíño dun só rodicio e moa. Cubo de cantaría de granito alimentado por unha canle procedente do rego de Angueiros. Situado á beira da estrada e preto da ponte onde conflúen o devandito rego e o Agreado para formaren o río chamado de Miranda ou Mirandela. Ten planta rectangular e muros perimetrais de xisto, con recercado dos vans en cantaría. Cuberta de lousa a dúas augas, con trabes e cangos de madeira. É propiedade da veciña casa de Cabanela. Mencionado no Catastro do Marqués da Ensenada (1753).


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:

Moi preto, á beira do regato de Angueiros din os veciños que aínda se poden enxergar os restos dun outro relo, chamado “Muín do Batán”, desaparecido hai moito.


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Plan Xeral de Ordenación Municipal do concello de Castroverde, 2008
https://siotuga.xunta.gal/siotuga/documentos/urbanismo/CASTROVERDE/documents/26345CA074.pdf (pax 5 do pdf)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.961997169874
Lonxitude: -7.2820134016886
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84