Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Ribadeo
Parroquia: Covelas (San Vicente)
Lugar: San Vicente
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval, Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Edificación relixiosa construída entre finais do século XVII e o XVIII a base de cantaría granítica e de lousa, de tres naves, con parte dos seus muros revocados con cemento, e cuberta a dúas e catro augas con xisto.
Na fachada principal destaca un pórtico de pedra con tres arcos. A porta principal de aceso lintelada posúe unha inscrición:
“ESTA FACHADA SE REDIFICÓ SIENDO CURA D
ANTONIO BELLO LÓPEZ TEIJEIRO, AÑO DE 1794”
A fachada remata cunha espadana dun so corpo e dous vans.

No interior da igrexa, e sobre a porta de aceso á sancristía dereita, existe unha inscrición que di:
“EL CUERPO DE ESTA IGLESIA Y SUS NAVES SE REEDIFICARON, SIENDO CURA EL PROPIO DON BERNARDO SÁNCHEZ, AÑO DE 1795”.
Sobre a porta de aceso da sancristía esquerda outra inscrición reza o seguinte:
“ESTA CAPILLA Y SACRISTÍA SE HICIERON SIENDO CURA DON BERNARDO SÁNCHEZ CIRA, AÑO DE 1782”

Existen referencias bibliográficas no Mosteiro de Lourenza que falan dunha igrexa neste lugar no século X.


Fotogrametría:

Propiedade: PúblicaPrivada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:

O interior da igrexa alberga varios retablos. Un deles presenta unha lenda que di:
“Este retablo se pintó siendo Cura Don Diego Rubinos, año de 17…”
Outro retablo é da segunda metade do século XVIII.

As imaxes que podemos ver no interior da igrexa son: Santa Catalina de Alejandría (do século XVI), Cristo xacente de brazos articulados (do século XVIII), San Caetano (do século XVIII), a Virxe do Leite (do século XVI).

No exterior da igrexa existen dous reloxos: un de sol do ano 1795 e outro de torre do século XIX dun proveedor francés da Casa Real.


Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACES WEB
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/RIBADEO/documents/27886ca004.PDF (ficha 04.01 – páxina 8)
http://ribadeo.gal/patrimonio/ficha.php?id=136&c=001,002,003&lg=cas
https://mondonedoferrol.org/includes/tabla-parroquia-ficha.php?id=127

Iglesia parroquial de San Vicente de Covelas

BIBLIOGRAFÍA
VV.AA. (1975). Inventario artístico de Lugo y su provincia. Servicio nacional de información artística, arqueológica y etnológica. Ministerio de Educación y Ciencia


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.499487197127
Lonxitude: -7.129496220272
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84