Outra fotografía:
Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Ribadeo
Parroquia: Santalla de Vilausende (Santalla)
Lugar: San Tomé
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:
Pequena edificación relixiosa do século XIX feita en cachotaría de lousa, cos muros revocados, planta rectangular e cuberta a tres augas con lousa.
Na fachada principal existe unha porta de aceso lintelada e unha pequena fiestra rectangular. O conxunto remata cunha espadana dun so oco de arco de medio punto, e cruz de pedra no cume.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
No interior existen varias imaxes de época barroca, entre elas as de San Tomé, San Elias, Santa Lucía e a Nosa Señora do Viso.
Tradición oral:
A tradición conta que a igrexa estivo situada en varios lugares antes da súa ubicación actual. Primeiramente estivo sobre un outeiro no lugar de Os Santos, máis tarde no lugar de Monto do Pallar, e xa por último no lugar actual.
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
REFERENCIAS WEB
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/RIBADEO/documents/27886ca011.PDF (ficha 11.02 – páxina 7)
http://ribadeo.gal/patrimonio/ficha.php?id=153&c=001,002,004&lg=cas
https://mondonedoferrol.org/includes/tabla-parroquia-ficha.php?id=156
BIBLIOGRAFÍA
VV.AA. (1975). Inventario artístico de Lugo y su provincia. Servicio nacional de información artística, arqueológica y etnológica. Ministerio de Educación y Ciencia
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.495362800436Lonxitude: -7.0797934854342
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84