
Outra fotografía:
Tipo de ben: Vivenda singular,
Concello: Ribadeo
Parroquia: A Devesa (Santalla)
Lugar: O Rato
Outra denominación do ben: Place Margarita
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:
Edificación de estilo racionalista-déco americano feita no ano 1926 a base de cantaría de lousa, cos muros revocados e pintados. Posúe planta rectangular con soto, dous andares e baixo cuberta cun total de 143 m2.
A casa, rodada dun fermoso xardín ao estilo colonial, presenta unha fachada principal cunha escalinata que da acceso a unha zona porticada na que se atopa a porta principal. Dito pórtico continúa ata o segundo andar, desta vez pechado cunha fiestra vidriada.
Nos laterais existen varias xanelas de sección rectangular dando simetría ao conxunto.
Os muros laterais presentan balcóns soportados por canzorros de pedra.
Na parte superior da vivenda existe unha terraza protexida cunha balaustrada.
O soto da casa funciona como garaxe, con dúas portas de acceso para a saída e entrada.
No xardín existe unha variedade de árbores: unha palmeira de gran porte, araucarias, magnolios e camelias.
Tal e como indica o libro “Casas de Indianos” (ver referencia bibliográfica): “merece mención especial o feito de que a vivenda xa contaba, dende a data da súa construción, cos tubos guías da instalación eléctrica incluso anos antes de que esta chegase a Ribadeo”.
Esta edificación, promovida polo indiano ribadense Manuel Fernández López, foi feita baixo planos e con mateirais traídos dende Florida (EE.UU), lugar onde traballou no negocio da construción.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Residencial
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
ENLACES WEB
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/RIBADEO/documents/27886ca005.PDF (ficha 05.15 – páxina 23)
http://ribadeo.gal/patrimonio/ficha.php?id=177&c=001,007,008&lg=cas
http://ascatedrais.gal/info.php?id=15&idioma=es&cat=2&sec=21
https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/180319000256/place-margarita?langId=es_ES&tp=9&ctre=39
BIBLIOGRAFÍA
VV.AA.(2000). Casas de Indianos. Ed: Xunta de Galicia (en liña: https://emigracion.xunta.gal/files/ebiblioteca_files/Casas_de_Indianos.pdf)
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.548142401197Lonxitude: -7.1295537396125
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84