Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Ribadeo
Parroquia: Ove (San Xoán)
Lugar: A Eirexa
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Edificación do século XVII con reformas posteriores feita en cachotería de lousa e cos muros revocados en morteiro. Posúe planta rectangular cunha soa nave e cuberta a dúas augas.
Diante da fachada principal existe unha zona porticada que cubre a porta de aceso lintelada. Máis arriba unha xanela de sección cadrada. Na parte superior vemos unha espadana de dous corpos con arcos de medio punto que remata cunha cruz no cume e pináculos nos laterais. Nesta espadana destaca o relevo dunha Cruz de Malta.
Nun dos muros laterais existe unha escaleira de aceso ás campás.

Ao seu carón podemos ver a reitoral (http://patrimoniogalego.net/index.php/111354/2021/09/reitoral-de-san-xoan-de-ove/).


Fotogrametría:

Propiedade: PúblicaPrivada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:

No seu interior podemos ver o retablo maior de estilo rococó coas imaxes de San Xoán Bautista (do século XVII). Os retablos laterais son do mesmo estilo que o maior.


Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACES WEB
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/RIBADEO/documents/27886ca006.PDF (ficha 06.01 – páxina 9)
http://ribadeo.gal/patrimonio/ficha.php?id=145&c=001,002,003&lg=cas
https://mondonedoferrol.org/includes/tabla-parroquia-ficha.php?id=136
https://www.uparibadeo.net/ove

BIBLIOGRAFÍA
VV.AA. (1975). Inventario artístico de Lugo y su provincia. Servicio nacional de información artística, arqueológica y etnológica. Ministerio de Educación y Ciencia


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.529441003235
Lonxitude: -7.0542152070671
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84