Outra fotografía:

Tipo de ben: Paisaxe natural,
Concello: Pantón
Parroquia: Vilar de Ortelle (Santiago)
Lugar: Marce
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Fervenza de máis de 40 metros no rego de Marce nunha ruta que comeza cerca do lugar de Marce (perfectamente sinalizado). Baixa cara o río Miño e paralelo o regato Aguianza. A medio camiño o Castro de Marce un letreiro danos a opción de baixar a fervenza. Aconséllamos facer primeiro a visita o castro e de volta baixar a fervenza.
A dificultade da ruta e media para chegar ó castro e media alta con un tramo de certo peligro si tratamos de baixar o pé da fervenza.


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:

O pé do castro de Marce un veciño de Marce ía a pescar o río Miño. Un día saíu unha xacia,muller mitade humán, mitade peixe que formaba parte dunha comunidade que coas mesmas características habita tanton no interior do castro como nos profundos pozos do río. O home namorou da xacia que lle dixo que sí a bautizaba quedaría desencantada e casaría con él. Bautizouna e casou. Tiveron varios fillos que eran moi aficionados o baño no rio, regueiros e tanques de auga.
O pai chámalle a atención por estar sempre na auga, dicíndolles: “marchai de aqui fillos dunha xacia”. Esto fixo que xurdira a disputa entre o matrimonio e a Xacia volveu o río donde o resto dos xacios non aceptaron a súa presencia e danlle morte por facerse cristiá.


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Castro López, Ramón. Reseña Histórica Descriptiva de la Parroquia de Ortelle y su comarca.
ISBN.84-8192-174-2


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.51524904118446
Lonxitude: -7.702832221984863
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84