Outra fotografía:

Tipo de ben: Paisaxe natural,
Concello: Begonte
Parroquia: Baamonde (Santiago)
Lugar: Baamonde
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Este exemplar de castiñeiro (castanea sativa) posúe unha altura aproximada de 13 metros e conta cun diámetro de case 7 metros.
No seu tronco existe un oco duns 2 metros de altura na que podemos ver unha pequena capela coa imaxe da Virxe do Rosario, patroa da vila.
Esta capela foi feita no ano 1971 polo artista local Víctor Corral como unha forma de protesta polo proxecto que se tiña pensado para o trazado na N-VI que afectaba a parte do adro da igrexa anexa e do castiñeiro.
Esta obra e as protestas dos veciños lograron parar a tala do castiñeiro.
O perímetro da árbore está protexida por unha varanda metálica.

O castiñeiro de Baamonde atópase no catálogo de árbores senlleiras de Galicia co código 18A.

Ao carón da igrexa podemos ver a igrexa parroquial (http://patrimoniogalego.net/index.php/111530/2021/10/igrexa-parroquial-de-santiago-de-baamonde/) e un fermoso Calvario (http://patrimoniogalego.net/index.php/1345/2011/06/calvario-de-baamonde/)


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

https://cmatv.xunta.gal/c/document_library/get_file?folderId=445351&name=DLFE-60893.pdf (código 18A – páxina 1)
http://www.concellodebegonte.es/es/turismo/patrimonio-religioso
https://www.galiciamaxica.eu/galicia/calvario-iglesia-y-castano-de-baamonde/
https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/190606000095/castineiro-da-capela?langId=es_ES&tp=40003930&ctre=40000140
https://galiciapuebloapueblo.blogspot.com/2019/05/santiago-de-baamonde-begonte.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.173777666359
Lonxitude: -7.7596027522361
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84