
Outra fotografía:
Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Xermade
Parroquia: Xermade (Santa María)
Lugar: Adro da igrexa de Santa María de Xermade
Outra denominación do ben: Cruceiro do Adro da Igrexa
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:
Cruceiro de tipo “De Crucifixo” con plataforma cuadrangular de dous chanzos e pedestal troncopiramidal coroado por un listel. Ten unhas inscricións na cara oeste ou do anverso ilexíbles, e na cara sur di: “INDULGENCIAS / POR REZAR CU / ALQUIERA ORA / CION ANTE ESTAS / EFIGIES AÑO 1957”. O varal é cuadrangular e no seu anverso leva esculpidas os instrumentos da paixón: Unha escaleira de dez chanzos, unha espada, tenaces, martelo e tres cravos. Nas catro caras do estremo superior presentan un rebaixe rectangular co relevo dun rombo. O capitel ten forma troncopiramidal invertida ornamentada con volutas nos vértices superiores e querubíns nas súas caras. A súa cruz é cuadrangular coas arestas rebaixadas que presenta no seu anverso a Cristo Crucificado con tres cravos, mans abertas e pé dereito sobre o esquerdo. A cabeza ladeada á dereita cunha coroa de espiñas e un pergameo coas siglas INRI. O seu pano de pureza vai anoado á dereita. Polo reverso da cruz amosa a imaxe dun santo vestido cunha vestimenta de monxe e coas mans en actitude de orar. O cruceiro é todo de granito cun bo estado de conservación.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
– ARRIBAS ARIAS, F.; BLANCO PRADO, J.M.: “Cruceiros, Cristos e cruces de Xermade”. Catálogo de cruceiros da Terra Chá. Caderno do Seminario de Sargadelos 94. 2004.
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.3544025671Lonxitude: -7.8128677733923
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
Jose says:
Xan 24, 2025
Outra foto do Cruceiro Enxoito a caron da Casa do Concello de Xermade.