Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Valdoviño
Parroquia: Pantín (Santiago)
Lugar: Pantín
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:

Este cruceiro, realizado en toelo (serpentina), levántase sobre unha plataforma de catro chanzos e factura recente sobre a que vai un pedestal troncopiramidal de caras lixeiramente curvadas, nunha das cales hai unha inscrición (SE HIZO A ES / PENSAS DE JOSE / RODRIGUEZ/ FEAL / AÑO DE 1900) e noutras dúas restos de sendas alcancías coas inscricións ANIMAS e SANTISIMO. Sobre o varal de sección oitavada, pero con arranque e remate cadrados, vai un capitel xónico con anxos orantes de formas moi sinxelas nas súas caras. Mentres que a figura da Virxe vai totalmente pegada a cruz, a de Xesús está case totalmente separada, como pendurando do traveseiro. Ámbalas figuras son de formas esquemáticas, carácter frontal e canon curto, sendo a da Virxe de menor tamaño.
Na parte superior do fuste quedan restos do soporte dun farol.
A obra, aínda que ven coidada debido a un cambio de localización recente, presenta notables fisuras na parte superior, especialmente visibles na cruz e na figura de Cristo.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta: RI.000015055
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:

Este cruceiro, moi posiblemente obra do santeiro de Moeche Antonio Rodríguez Sixto “O Quinto”, sufriu cambios de localización, aínda que dentro da mesma zona, o último fai poucos anos, do interior do cemiterio o exterior do mesmo.


Referencias bibliográficas:

MARTÍN RUIZ, Luis. Cruceiros na provincia da Coruña. Vol. I. Deputación da Coruña. 1999
BURGOA, Juan José. Cruceros y cruces de Ferrolterra. Biblioteca de Ferrolterra, edicións Embora. 2001
http://cruceirosdegalicia.xyz/1508703.html
https://siotuga.xunta.gal/siotuga/documentos/urbanismo/VALDOVINO/documents/0384CA001.PDF (pax 2 do pdf)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.633971812399
Lonxitude: -8.1010115146637
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84