Outra fotografía:
Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Narón
Parroquia: O Val (Santa María a Maior)
Lugar: Santa Margarida
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Nesta obra hai que distinguir dúas partes claramente diferenciadas, a inferior, realizada en granito e formada por un baseamento de amplas gradas de grandes perpiaños coroadas por un pequeno pedestal, e, a superior, feita en toelo (serpentina).
Sobre un varal curto, groso, oitavado e con adobíos de landras nos extremos vai un sinxelo capitel, formando parte dun só bloque.
Tamén son parte dun único bloque a cruz, pesada e con adobíos de semiesferas nos extremos, e as figuras de Cristo e da Virxe da Soidade. Na esquemática imaxe de Cristo, a que lle faltan as pernas, destaca o amplo pano de pureza, mentres que a da Virxe destaca polo seu carácter plano, hierático e simétrico.
Presenta unhas características formais, estilísticas e cronolóxicas semellantes a dos cruceiros de San Xiao dos Osos (Moeche) e os cedeirenses de San Antón do Corveiro, Rebordelo e Cervo, o que pode sinalar unha mesma autoría ou, cando menos, unha mesma escola ou obradoiro.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta: RI.000009179
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Segundo Juan José Burgoa, mediante unha información obtida no próximo convento de Baltar, o cruceiro data de 1.744, e podería ocupar o lugar doutro mais antigo, quizás da época de construción da capela renacentista inmediata (S. XVI), e do que tan só quedaría a plataforma de pedra de grao.
Xunto coa capela (S.XVI) e unha fonte (S.XVII) próximas forma un notable conxunto de interese etnográfico e histórico-artístico.
Ata os tempos da Guerra Civil celebrábase no lugar unha concorrida romaría o 20 de xullo, que posteriormente se quedou nunha sinxela festa. Así mesmo tamén se celebraba unha feira o 25 de xullo, que chegou a ser mensual, e que desapareceu a mediados do pasado século.
Referencias bibliográficas:
MARTÍN RUÍZ, LUIS. Cruceiros na provincia da Coruña. Deputación da Coruña, 1999, Vol. II
BURGOA FERNÁNDEZ, JUAN JOSÉ. Los cruceros de San Andrés de Teixido y sus caminos de peregrinación. Cuadernos de Estudios Gallegos.Tomo L, número 116, 2003
BURGOA FERNÁNDEZ, JUAN JOSÉ. Os cruceiros de pedra serpentina na comarca da terra e mar de Ferrol. Acta s do II Congreso sobre “Cruceiros e cruces de pedra”. Editor: E F. de la Cigoña, 2010.
BURGOA FERNÁNDEZ, JUAN JOSÉ. A capela de Santa Margarida do Val. Un conxunto de interese etnográfico e artístico. Catedra Revista Eumesa de Estudios, nº14. 2007
BURGOA FERNÁNDEZ, JUAN JOSÉ. Cruceros y cruces de Ferrolterra. Biblioteca de Ferrolterra, Edicións Embora, 2001.
https://cruceirosdegalicia.xyz/1505403.html
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Polo feito de estar localizado no centro dunha encrucillada de estradas está exposto a un posible incidente que poña en risco a súa integridade.
Onde está localizado
Latitude: 43.548683128222Lonxitude: -8.1995902012695
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
elixiovieites says:
Out 27, 2021
Ola Xosé, esta é a información do cruceiro de Santa Margarida do Val no catálogo de Bens do PXOM de Narón do ano 2002
https://siotuga.xunta.gal/siotuga/documentos/urbanismo/NARON/documents/0237CA013.PDF (pax 4 de 5 do pdf )
Se queres ver máis bens catalogados por parroquias deste concello podes acceder a https://siotuga.xunta.gal/siotuga/documentos/urbanismo/NARON/documents/0237CA002.PDF
Saúdos