Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Maceda
Parroquia: Tioira (Santa María)
Lugar: Tioira
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Igrexa de planta rectangular, presbiterio máis elevado con pilastras nos cantos e remates e sancristía apegada a esta, con teito a dúas, catro e tres augas respectivamente. A súa fachada feita a base de bos perpiaños, de traza sinxela, segue un esquema pentagonal e no eixo vertical central, organízase de abaixo arriba, mediante unha porta de luz rectangular con molduras que sobresaen do plano da fachada. Sobre o ingreso vai unha xanela rectangular enmarcada en banda lisa. Rompendo o vértice do pentágono unha base para unha espadana de dous corpos flanqueado por dous pináculos. O primeiro corpo está formado por dous arcos de medio punto que descansan sobre piares e que serven para aloxa-las campás. O segundo formado por un arco de medio punto flanqueado por catro pináculos moldurados. Este conxunto está rematado por pináculo cunha cruz de pedra.
Como noutras igrexas do rural galego, aparece o cemiterio dentro do recinto do adro, formando un conxunto onde conviven a parroquia dos mortos e a parroquia dos vivos.
.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Iglesias


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.26724955576
Lonxitude: -7.6094810483614
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84