Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Vilalba
Parroquia: Belesar (San Martiño)
Lugar: A Crucitaria
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Edificación relixiosa feita no século XVII sobre outra anterior do século IX a base de cachotaría granítica e cos muros revocados. A igrexa presenta planta rectangular dunha soa nave e cuberta a tres augas con pináculos de punta de diamante. A sancristía atópase acaroada nun dos muros laterais.
A fachada principal presenta porta de acceso lintelada e ocelo con derrame interno. No cume unha espadana de dúas alturas, a inferior con dous ocos con arcos de medio punto, e a superior con oco moldurado, pináculos de punta de diamante e cruz de forxa sobre un pináculo de bóla.

No seu adro podemos ver un cruceiro (http://patrimoniogalego.net/index.php/111885/2021/11/cruceiro-no-adro-da-igrexa-de-san-martino-de-belesar/), unha fonte con escudo (http://patrimoniogalego.net/index.php/111897/2021/11/fonte-con-escudo-ao-caron-da-igrexa-de-san-martino-de-belesar/), unha zona porticada e o cemiterio parroquial.


Fotogrametría:

Propiedade: PúblicaPrivada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:

O seu interior alberga un retablo maior do século XIX e varias imaxes, entre elas as de San Xosé e un Cristo de estilo popular todas elas do século XVIII.

Tamén podemos ver un escudo nobiliario e unha lápida coa seguinte inscrición:
“ESTA CAPILLA FUNDÓ FRANCISCO SANJURJO BAHAMONDE, CLÉRIGO DE ESTA IGLESIA, DOTOLO CON TREINTA MISAS PERPETUAS CADA UN AÑO DE 1608”.


Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACES WEB
http://siotuga.xunta.gal/siotuga/documentos/urbanismo/GALICIA/documents/LUGPA007.PDF (páxina 6)

BELESAR (SAN MARTIÑO DE BELESAR)


https://mondonedoferrol.org/includes/tabla-parroquia-ficha.php?id=183

BIBLIOGRAFÍA
VV.AA. (1975). Inventario artístico de Lugo y su provincia. Servicio nacional de información artística, arqueológica y etnológica. Ministerio de Educación y Ciencia


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.279959200464
Lonxitude: -7.7489121358886
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84