Outra fotografía:
Tipo de ben: Petos de ánimas,
Concello: Beariz
Parroquia: Xirazga (San Salvador)
Lugar: A Cavada
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:
Fermoso e esvelto peto de ánimas situado no adro da capela do Carme.
A construción posuía dous corpos. O inferior, composto dun pedestal paralelepípedo con cimacio na parte superior; nunha das súas caras existía unha cartela coa seguinte lenda:
“SE HIZO SIENDO CURA PA –
RROCO DE GIRAZGA D. MIGUEL
VILLANUEBA AÑO 1860”.
No corpo superior a fornela, con arco de medio punto, flanqueada por pilastras. O interior acubillaba un retablo de madeira policromada coas imaxes de tres almiñas entre as lapas do purgatorio na parte inferior, e unha imaxe moi deteriorada da Virxe do Carme na parte superior.
O conxunto remata cun frontón semicircular e, no cume, unha cruz pétrea con pináculos nos seus laterais.
As fotografías son de J.Soto do Colectivo Capitán Gosende, quen recolleron os restos do peto e os gardaron, xunto coa veciñanza, no interior da capela anexa.
Os cruceiros e petos de ánimas de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español.
Asi mesmo o recoñece e garante a Lei 5/2016, do 4 de maio, do Patrimonio Cultural de Galicia, no que hórreos, cruceiros e petos de ánimas, “son bens de interese cultural e quedan sometidos ao réxime xurídico previsto para ese tipo de bens nesta lei, sen necesidade da tramitación previa do procedemento previsto no seu título I, os hórreos, os cruceiros e os petos de ánimas dos que existan evidencias que poidan confirmar a súa construción con anterioridade a 1901.
Os hórreos, cruceiros e petos de ánimas cuxa antigüidade non poida ser determinada ou que fosen construídos con posterioridade á data sinalada anteriormente poderán ser declarados de interese cultural ou catalogados cando se lles recoñeza un especial valor cultural, principalmente etnolóxico”.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
O 28 de outubro de 2021 un condutor ebrio leva por diante o peto de ánimas de Doade derrubándoo na súa totalidade.
Referencias bibliográficas:
ENLACES WEB
http://historiadegalicia.gal/2021/12/na-procura-dos-cachos-dun-peto-de-animas-historico-esnaquizado-por-un-condutor-borracho/
https://www.tabeirosmontes.com/novas/capitan-gosende-reclama-a-pronta-restauracion-do-peto-de-animas-de-doade-beariz
https://www.laregion.es/articulo/o-ribeiro/adios-peto-animas-beariz/202110292148291076803.html
BIBLIOGRAFÍA
BARRIOCANAL LÓPEZ, Yolanda. (1985). Arte popular. Los petos de ánimas. Boletín Auriense, anexo 3. Museo arqueolóxico provincial de Ourense – Grupo “Marcelo Macías”
ENLACES DE TIPO LEGAL
http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-1963-6523
https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1985-12534
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160516/AnuncioC3B0-110516-0001_gl.html
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi malo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.469239283497Lonxitude: -8.31812128016
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
Oscar Franco says:
Dec 21, 2021
Fragmentos preservados polo colectivo Capitán Gosende (Foto J. Soto).
https://www.tabeirosmontes.com/novas/capitan-gosende-reclama-a-pronta-restauracion-do-peto-de-animas-de-doade-beariz