Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Vilalba
Parroquia: Mourence (San Xiao)
Lugar:
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:

Cruceiro que nace sobre tres chanzos de sección cadrada. A súa base troncopiramidal da paso a un varal que posúe os extremos en sección cadrada e a parte central en sección octogonal. Nesta última parte podemos ver varios símbolos da Paixón: unha escada, unhas tenaces, …
O capitel decorado con volutas e querubíns soporta unha cruz de sección cadrada, arestas rebaixadas e cos remates de sección máis grosa e case cilíndricos. Nela aparecen as imaxes de Cristo crucificado baixo cartela de INRI no anverso, e a Virxe no reverso.

Segundo a bibliografía consultada, o autor desta obra e o mestre canteiro Manuel Seoane Pérez, da saga Carboeira.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACES WEB
https://cruceirosdegalicia.xyz/270651506.html

BIBLIOGRAFÍA
ARRIBAS ARIAS, Fernando, BLANCO PRADO, José Manuel e SAAVEDRA PÉREZ, Mario (2011). Cruceiros do Concello de Vilalba. Ed: Instituto de Estudios Chairegos.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.301947393067
Lonxitude: -7.6876698230967
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84