
Outra fotografía:

Tipo de ben: Muíño,
Concello: Muros
Parroquia: Torea (San Xian)
Lugar: Lestón de Arriba
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
Muíño de río situado no lugar de Lestón de Arriba, na parroquia de Torea. Na beira do rio, construído con cachotería e cuberto a unha auga por grandes lousas de pedra, cuberta de tella do país a unha auga, o teito de pedra e sostido por grandes columnas de pedra traballadas. A cuberta pétrea impediría o acceso a ladróns. A entrada da auga faríase por un canlón o que non retrasa a moenda, pois debido a súa cercanía do río e a que o mesmo leva auga todo o ano danlle unha boa capacidade. Debido a reconstrución levada a cabo polos veciños, o muíño atópase nun moi bo estado de conservación e no seu interior segue gardando tódalas pezas precisas para moer.
Fotogrametría:
Propiedade: Comunal
Uso actual: Agrícola
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Un veciño infórmame de que antes saía desde o lado deste muiño unha canle para transportar auga ata un muiño situado a máis de 2 km na Parroquia de Abelleira, na cal non había ríos. Da citada canle e do muiño xa non quedan restos, en parte debido as riadas que levaron por diante varios muiños.
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.821374821911355Lonxitude: -9.025085091525398
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84