Outra fotografía:
Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Salvaterra de Miño
Parroquia: Lira (San Simón)
Lugar: As Carrasqueiras
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
Cruceiro situado no interior da igrexa parroquial de San Simón de Lira (http://patrimoniogalego.net/index.php/42362/2013/05/igrexa-de-san-simon-de-lira/) á dereita do altar.
Nace sobre un chanzo de sección cadrada. A súa base cúbica de arestas superiores rebaixadas posúe a seguinte inscrición:
“UN DEVOTO
PIDE UN AVE
MARIA ANIMA”.
O seu varal, de sección ocotogonal, contén varios relevos relacionados coa Paixón de Cristo: coroa, cáliz, látego, corazón con tres cravos, tenaces, martelo, hisopo e escaleira, …
O capitel ten forma de poliedro con oito caras.
O conxunto remata cunha cruz de sección rectangular e remate dos brazos florenzados na que aparecen a imaxe de Cristo crucificado baixo cartela de INRI.
Segundo nos di Estanislao Fernández de la Cigoña no seu libro, “haberá uns 20 anos (na década dos 80 do século XX) que o cruceiro trasladouse dende o torreiro cara o interior da igrexa parroquial”.
Fotogrametría:
Propiedade: PúblicaPrivada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
ENLACE WEB
https://cruceirosdegalicia.xyz/360500804.html
BIBLIOGRAFÍA
FERNÁNDEZ DE LA CIGOÑA NÚÑEZ, Estanislao (2006). Cruces, cruceiros e petos do Concello de Salvaterra de Miño. Asociación Galega para a Cultura e a Ecoloxía (AGCE).
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.154560440164Lonxitude: -8.4704318868608
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84