Outra fotografía:
Tipo de ben: Escudo / Epígrafe,
Concello: Carral
Parroquia: Santa Baia (Cañás)
Lugar: Bacelo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII), Século XIX,
Descrición:
Escudo de pedra situada na fachada principal dunha vivenda próxima á Igrexa parroquial de Santa Baia de Cañás.
Está dividido en tres zonas, na parte superior, á esquerda, dúas conchas e un florete, na parte dereita a Cruz de Calatrava sobre unha banda de trama. Na parte inferior unha M coroada, que cecáis faga referencia á orde de Montesa que adoita unha cruz similar, sendo necesaria unha análise máis axeitada da simboloxía.
Os escudos heráldicos de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.233080548825Lonxitude: -8.3252200969208
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84