Outra fotografía:
Tipo de ben: Ermida, Pazo / Casa Grande,
Concello: Carral
Parroquia: Quembre (San Pedro)
Lugar: A Ribeira
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:
O Pazo está situado no lugar da Ribeira, na parroquia de San Pedro de Quembre á beira do río Barcés e preto de Ponte Lago. Entre as dependencias do pazo inclúense a capela adicada a Xoán Bautista, pombal, lavadeiro, almacén e un xardín no que existe un labirinto de buxo arredor de tres fontes de pedra. A vivenda é un caserío de planta rectangular cuberta de tella a catro augas, realizada en cachotería con cantería en xambas, dinteis e esquinas. Máis adiante engadiuse unha galería de madeira pintada en branco. Na fachada que dá ó xardín ten un escudo coas armas dos Salazar e dos Alvarado, foi propiedade durante o século XVIII de Pedro de Castro Figueroa y Salazar, nado en San Xulián de Cela (Cambre) que chegaría a ser Presidente de Reino de Sicilia e Virrey da Nova España nas Américas.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Residencial
Código no Catálogo da Xunta: RI.000003298
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
– Catalogado no PXOM do Concello de Carral, ano 1993, con nivel de protección 9.
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/CARRAL/documents/0112CA003.PDF
– Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia. http://inventariopatrimoniocultural.xunta.es/
– O escritor e editor astorgano Andrés Martínez Salazar sinala no seu libro “El cerco de La Coruña en 1589”, que a unha das fillas de María Pita casou con Antonio de Castro, da rama Figueiroa (Pedro de Castro Figueroa y Salazar). O líbro atópase de consulta libre en Google Books: https://books.google.com.sg/books?id=7YkLAAAAYAAJ&printsec=frontcover&hl=es#v=onepage&q&f=false
– Nova na que se fala da situación de abandono do Pazo (ano 2020): https://blogs.lavozdegalicia.es/cristobalramirez/2020/02/19/pazo-de-ribeira-en-carral-otro-monumento-a-la-deriva/
– Nova da venda do pazo (ano 2015): https://www.laopinioncoruna.es/gran-coruna/2015/02/16/hacienda-vende-carral-mitad-pazo-24663968.html
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.205480116048Lonxitude: -8.3631170255338
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84