Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Santiso / Terra de Melide (comarca)
Parroquia: Pezobrés (Santo Estevo)
Lugar: San Benito
Outra denominación do ben: Cruceiro de San Benito
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

O cruceiro de San Bieito ou de Pezobrés, sitúase na carballeira do campo da festa, a unha distancia de 85 metros ó norleste da igrexa parroquial (que foi trasladada no século XVIII dende o seu emprazamento primitivo no lugar de Pezobrés, ata San Benito).

Este cruceiro é un dos máis antigos do termo municipal, mais con todo padeceu importantes reformas e modificacións que alteraron en gran medida as súas características orixinais.

Consta de cinco elementos fundamentais, pero só tres deles son orixinais (pedestal, varal e capitel). Os outros dous son posteriores, o pousadoiro acaroado e a cruz.

O pedestal ou basa érguese sobre tres fiadas de cachotaría, presenta feitura troncopiramidal, pero non resulta de todo visible, xa que se atopa parcialmente empotrado no basamento do pousadoiro anexo. Este elemento está moi desgastado, polo que non resulta posible comprobar se tivo inscrición.

O fuste ou varal é de deseño renacentista con estrías e boceis na metade inferior. O canon curto que presenta fai pensar que en orixe debeu ter maior porte, polo que o máis probable é que sufrira algunha fractura pola zona da base.

O capitel é dun estilo derivado do composto, con colariño na transición ó fuste e con decoración de anxos, follas e volutas, motivos moi desgastados e erosionados.

A cruz carece de interese por ser de cemento, lisa e carente de figuración, que substitúe á orixinal por mor dunha fractura. Broz Rei describe que aquela tampouco era figurada.

Ata o cruceiro acódese en procesión pola festividade do San Bieito, polo Santo Estevo e tamén pola Santa Cruz.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

https://www.abeancos.gal/elemento/cruceiro-de-san-benito
http://siotuga.xunta.gal/siotuga/documentos/urbanismo/SANTISO/documents/27922ca006.PDF (páxina 10)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.871117
Lonxitude: -8.044311
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84