
Outra fotografía:

Tipo de ben: Alpendres e edificios auxiliares,
Concello: Nogueira de Ramuín
Parroquia: Vilar de Cerrada (Santa Baia)
Lugar: Monte Cubela
Outra denominación do ben: Alvariza
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
Alvariza localizada no monte comunal de Vilar de Cerreda/Loureiro (Nogueira de Ramuín / Ribeira Sacra do Sil), esta formada por unha estrutura orixinalmente de forma ovalada, posteriormente ampliada, aproveitando os muros orixinais e as formacións de rocha natural, para aumentar a súa capacidade. A forma final e lobulada, cunha superficie aproximada de 750 metros cadrados. Os muros son de lascas, de 70/80 cm de grosor e de ata 3 metros de alto. Tendo en conta a súa superficie, posiblemente sexa unha das maiores alvarizas de Galicia. Ubicada nunha ladeira con forte pendente e orientada a solaina ( preto do Mosteiro de Santo Estevo de Rivas de Sil). As cortizas dispoñíanse en gradas sobre pequenas muras para salvalo desnivel e aproveitar a insolación o maximo. O estado de conservación e malo, atopase chea de maleza e un 10% do muro esta derruído. A asociación “Movete por Nogueira” esta rematando a limpeza, sinalización e acceso á mesma.
Fotogrametría:
Propiedade: Comunal
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: NonEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.399652341843Lonxitude: -7.6410383126252
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84