
Outra fotografía:

Tipo de ben: Escudo / Epígrafe,
Concello: Muros
Parroquia: Muros (San Pedro)
Lugar: Campo das Cortes
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:
Gravado na capela de San Marcos, situado sobre a porta, Ramón de Artaza interprétaa como: “ESTA IGRESIA MANDOU FACER LOUREZO ESTEVEZ ANO DE MIL CATROCENTOS OITENTA”. O gravado ostenta no medio unha imaxe parecida a un cruceiro.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Artaza Malvárez, Ramón de. Historia de Muros y su distrito. 2ª edición.
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.7667090769Lonxitude: -9.06074774259
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
2 comentarios
Celtius says:
Dec 12, 2011
Xokas, moitisimas grazas por este aporte tan valiosísimo. Teño curiosidade pola inscrición. Artaza parece que a traduciu directamente ao galego normativo RAG, mas supoño que estaba no galego da época, IGREJA, FAZER, ESTEVES, sería interesante descifrala e a ver como está escrita realmente. Grazas Xokas!!
xokas says:
Dec 14, 2011
Grazas polo teu comentario. Artaza na Historia de Muros cita textualmente: …La inscripción dice: “ESTA IGRESIA MANDOU FACER LOURENZO ESTEVES ERA DE MIL CUATROCIENTOS OCHENTA” mais noutra obra sua, Recuerdos de Muros pon: …que traducida parece decir: “ESTA IGRESIA (ó esta obra) MANDOU FACER LOURENZO ESTEVES ERA* MIL CUATROCIENTOS OCHENTA” (* Era del latín aes (porque los antiguos marcaban los años con clavos de bronce) es el método de contar los años transcurridos, refiriéndose á un tiempo o hecho fijo.)
Buscando mais posibles lecturas atopome co que di Atanasio Lopez: “ESTA IGLESIA MANDOU FAZER LOURENÇO ESTEVES-ERA DE MILL CCCC LXXX. E grazas a unha amiga atopamos no libro: “Muros Ronsel de Pedra, Espiral de Mar” no que podemos leer: …Segundo a opinión de Isidoro Millán, por consulta de Fernando Alonso, a inscripción fai refencia ó ano 1442 e informa que: “ESTA IGLESIA MANDOU LEVANTAR TOME RODRIGUES”. Non sei cal será a leitura correcta mais imaxino que a de Artaza debido a que é a que se repite en varias obras, tampouco sei quen són nen Isidoro Millán nen Fernando Alonso mais de todas formas para min o mais curioso da Capela son as direntes figuras humanas que se atopan labradas na pedra no interior (son tres), asi como as cruces gravadas no exterior do templo que parecen ser un via-crucis, as iniciais S.R. gravadas no exterior da capela maior ou tamén a especie de cruceiro gravado no medio da inscrición da porta que se repite en mais edificacións cercanas.