
Outra fotografía:

Tipo de ben: Muíño,
Concello: Muros
Parroquia: Muros (San Pedro)
Lugar: Campo de Cortes - Miraflores
Outra denominación do ben: Os Muíños de Vento
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:
Situado na zona denominada “Agra do Alcalde” érguense os restos dun muíño de vento edificado a finais do século XIX e que traballou até as primeiras décadas do século XX. Debido a boa aceptación dos cultivos de millo na zona, os muíños de río quédanse insuficientes e varios particulares edifican outros tipos de muíños como sería o deste caso.
A torre cilíndrica, de pedra, érguese sen ningún tipo de plataforma a unha altura de 3,5 metros. O diámetro interior mide 3,3 m. é os muros teñen unha anchura de 0,75 m. Unha única porta orientada ao SL e unha xanela na planta superior. Tamén presenta como curiosidade un zócalo de 60 cm. de altura cunha forma achafranada. As velas serían de lona, fixadas nunha cuberta xiratoria.
Este exemplo, xunto co do Casuco ou da Punta Sampedreño, na parroquia de Tal, son os dous que aínda sobreviven (só a estrutura), mais existe constancia e restos de polo menos sete muíños de vento no Concello.
Para chegar a el saímos dende a ermida do Espírito Santo no Campo das Cortes collendo a pista forestal que conduce a Taxes. Unha vez pasadas as Cortes do Gando collemos o primeiro desvío a man dereita que leva a Miraflores, a escasos 300 m. do cruce, nun montículo a man dereit,a vense os restos deste muíño.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Os vellos do Campo das Cortes lembran este e máis outro muíño situado a poucos metros, do cal xa case non quedan restos e chámanlle a esta zona “Os Muiños do Vento”.
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Bas, Begoña: “Muíños de marés e de vento de Galicia”. Fundación Barrié, A Coruña 1991.
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Debido ao seu abandono a comezos do seculo pasado xa só quedan en pé as parede. Para chegar a el é necesario meterse “campo a través” debido a gran cantidade de maleza que cobre o lugar.
Onde está localizado
Latitude: 42.7737249547Lonxitude: -9.0669495463
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84