Outra fotografía:

Tipo de ben: Lavadoiro,
Concello: Ribadavia
Parroquia: Campo Redondo (Santo André)
Lugar: Santo André
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Conxunto localizado no centro da aldea, ao carón do cemiterio e a igrexa parroquial.
A fonte está composta dun frontón granítico de dous perpiaños, o superior moldurado con forma triangular. A auga sae dun cano e verque a unha pía de pedra de planta rectangular que serve de bebedoiro para o gando.
Ao seu carón sitúase o lavadoiro composto dunha pía de pedra granítica e de sección cadrada. Posúe tres follas en diagonal para o lavado da roupa.

Todo o conxunto aparece cuberto cunha estrutura metálica e unha cuberta de chapa a dúas augas.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

PXOM Concello de Ribadavia (ficha E_010)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.320719954238
Lonxitude: -8.1092684955142
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84