Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Ponte Caldelas
Parroquia: Xustáns (San Martiño)
Lugar: A Aluncía
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Cruceiro que nace sobre tres chanzos de sección cadrada. A súa base cúbica presenta as arestas superiores moi rebaixadas.
O varal octogonal da paso a un capitel decorado con volutas e anxos alados nas catro caras.
O conxunto remata cunha cruz de sección cadrada, arestas rebaixadas e remates dos brazos con botóns. Nela podemos ver as imaxes de Cristo crucificado baixo cartela de INRI no anverso, e a Virxe co seu Fillo no colo no reverso


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:

“Ata el chega a procesión de San Roque. A xente nova soe adovialo neses días con fitas de laranxas.
Fai anos, poñían ao seu pé linternas, para pedir a curación dunha persoa ou animal enfermo”.


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

BIBLIOGRAFÍA
SÁNCHEZ CORA, Teresa e MARTÍNEZ PLASENCIA, Mercedes. Cruceiros, cruces e petos do concello de Ponte Caldelas. Ed. Concello de Ponte Caldelas. 1990


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.395259119682
Lonxitude: -8.5541757562643
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84