Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Mondariz
Parroquia: Mondariz (Santa Baia)
Lugar: A Pedreira
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Cruceiro atribuído ao mestre canteiro Ignacio Cerviño situado no interior do cemiterio parroquial.
Nace sobre dous chanzos de sección cadrada cos esquinais rebaixados.
A súa base cúbica moldurada e con escocia da paso a un espectacular varal de sección cilíndrica e con algo máis de 5 metros de altura.
O capitel tipo corintio con volutas e motivos vexetais soporta unha cruz de sección cilíndrica na que aparece Cristo crucificado baixo cartela de INRI acompañado dun anxo que recolle o sangue cunha copa.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACE WEB
https://cruceirosdegalicia.xyz/360300502.html
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/vigo/mondariz/2019/04/24/cruceiros-altos-galicia/0003_201904C24C2991.htm#:~:text=%C2%BFCu%C3%A1les%20son%20los%20cruceiros%20m%C3%A1s,parroquia%20de%20Loro%C3%B1o%2C%20en%20Zas.
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/barbanza/a-pobra-do-caraminal/2019/04/23/cruceiro-largo-galicia/00031556034200282903923.htm#:~:text=El%20de%20A%20Coru%C3%B1a%2C%20con,45)%2C%20ostenta%20la%20plata.

BIBLIOGRAFÍA
PÉREZ LABACA, Xoán Xosé. (2014). O cruceiro máis alto de Galicia, o do camposanto de Mondariz con máis de oito metros de altura, obra de Cerviño. Actas do V Congreso Galego de Cruceiros. Asociación de Amigos dos Cruceiros, Cruces de pedra e Petos de Ánimas.

PÉREZ LABACA, Xoán Xosé. (2009). Algunhas cruces e cruceiros singulares dos concellos de Mondariz, Mondariz Balneario e Ponteareas. Actas do 1º Congreso Galego sobre Cruceiros e Cruces de pedra. Ed: Asociación Galega para a Cultura e a Ecoloxía.

FERNÁNDEZ DE LA CIGOÑA NÚÑEZ, Estanislao e SAMPEDRO FERNÁNDEZ, Andrés. (2008). Cruces, cruceiros e petos do Concello de Mondariz. Ed: Asociación Galega para a Cultura e a Ecoloxía (AGCE).


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.22921749682
Lonxitude: -8.4561567231854
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84