Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Culleredo
Parroquia: Castelo (Castelo)
Lugar: Castelo de Arriba
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Igrexa parroquial de planta rectangular dunha soa nave e cuberta a dúas augas. A sancristía sitúase nun volume anexo no lateral da nave. A estrutura resólvese mediante muros de carga de cachotería enfuscada, con canterías vista en esquinais, ocos e zócalo perimetral. É un templo de gran sinxeleza e austeridade ornamental, característico da tipoloxía de igrexas rurais erixidas durante os séculos XVII e XVIII. A fachada principal presenta un esquema pentagonal, no eixo vertical central superpóñense unha porta de acceso rectangular alintelada, fiestra rectangular e a espadana de cantería vista, con cornixa que nos laterais forma arcos con remates de pináculos. A espadana fórmase por un corpo con tres machóns unidos por arcos de medio punto que aloxan dúas campás; remátase nun frontón triangular cun pequeno oco con arco de medio punto. Sobre a cornixa superior elévanse tres pináculos, o central cunha cruz de ferro superior. Cabe destacar a estreita porta lateral con arco de medio punto partido, así como o volume de escaleiras que sobresae na fachada lateral e que conduce ás campás.


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta: RI.000005341
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Inventario xeral do patrimonio cultural de Galicia: http://inventariopatrimoniocultural.xunta.es/
PXOM Culleredo (Tomo VIII do Catálogo) : http://www.culleredo.es/download_memorias.php?file=TVIII_CATALOGO%20PATRIMONIO_12-12.pdf


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.23986263132
Lonxitude: -8.3847800936215
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84