Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Tordoia
Parroquia: Númide (Santiago)
Lugar: Liste
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:

Igrexa de planta rectangular cunha capela lateral e de características similares á igrexa de Leobalde. É de estilo barroco, do século XIX, con decoración esgrevia no exterior, recuberta de cal, respectando algúns detalles en pedra. A cuberta é a dúas augas e a cubrición realízase con placas de fibrocemento. No interior, a cabeceira sepárase da nave por medio dun arco de medio punto moi peraltado. Recubrimento de cal, con pavimento de baldosa e cuberta nunha falsa bóveda de canón. Destaca o seu retablo barroco de catro columnas salomónicas.
A fachada principal do século XIX, segue un esquema pentagonal e no eixo vertical central, organízase de abaixo arriba, coa porta principal rectangular alintelada. Sobre o ingreso unha pequena xanela rectangular abucinada. Rompendo o vértice da fachada, unha base para unha espadana de dous corpos. O primeiro corpo formado por dous arcos de medio punto que descansan sobre piares moldurados e serve para aloxa-las dúas campás. O segundo corpo sobre cornixa, un frontón “pentagonal” cun oco pentagonal central, franqueado por dous pináculos con bóla. Remata o conxunto unha cruz de forxa.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://siotuga.xunta.gal/siotuga/documentos/urbanismo/TORDOIA/documents/28209ca005.PDF (Páx. 23).


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.059386209263
Lonxitude: -8.4651597296881
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84