Outra fotografía:
Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Porto do Son
Parroquia: Baroña
Lugar:
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Ferro, Época Romana,
Descrición:
Posuía dúas murallas ao seu redor e consérvanse 20 vivendas circulares ou alongadas.
No istmo que une o poboado ao castro escavouse un foxo de catro metros de ancho e tres de fondo que constitúe a primeira liña de defensa. A continuación hai unha muralla consistente en dous muros de cachotería case paralelos cun recheo de area e pedras. Pénsase que orixinariamente continuaba até conectar coa muralla do poboado, creando un espazo probabelmente non ocupado con vivendas.
A muralla principal, ben conservada, conta con dous panos. Un deles, á dereita, consiste en tres muros de cachotería que soben graduados e o da esquerda é semellante ao do istmo. Á dereita da abertura de entrada houbo un cubo defensivo e os muros estréitanse, polo que se supón que se fechaba cunha porta que non deixaría pasar os carros. Posibelmente, a muralla arrodeaba o castro case completamente.
A entrada ao interior consiste nunha rampla. A zona habitada estrutúrase en catro áreas. Na primeira, á esquerda hai unha construción na que había un banco corrido ou, segundo outra interpretación, un simple alicerce. Nela atáronse unha lareira, un furado para un poste e varios tixolos de barro. Puido ser unha forxa. Fronte á porta da muralla hai outras construcións ovais con vestíbulo e outra que tamén puido ter sido outra forxa.
O sector seguinte está separado por un muro, que talvez servía para conter a terra, e pásase a el subindo unhas escaleiras, as mellor conservadas dos castros galegos. Distínguense un “barrio” de casas que delimita unha “praza” protexida do vento.
Un sendeiro leva ao sector máis alto do poboado, no que tamén hai construcións.
O poboado debeu de ser autosuficiente. Dentro do castro non hai auga, nin mananciais nin alxibes, polo que debeu ser preciso ila procurar no exterior. Pénsase que a alimentación tiña como principal fonte o mar: lapas, mexillóns, caramuxos e peixes; tamén se consumían bóvidos, cabras e ovellas e landras.
Hai restos de metalurxia (fornos), traballo da pedra e de tecido (fusaiolas).
O Castro de Baroña foi escavado por primeira vez en 1933 por Sebastián González-García. As seguintes campañas arqueolóxicas foron as de J. M. Luengo (1969-1970), Francisco Calo Lourido e Teresa Soeiro (1980 a 1984), Francisco Calo en 1985 e Ánxel Concheiro en 1984, que o consolidou.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.6946748295Lonxitude: -9.03162002563
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
9 comentarios
Manuel Rial says:
Set 22, 2011
Non é incrible que aínda hoxe se declare Ben de Interese Cultural este castro?
franjopadin says:
Out 27, 2011
A Declaración de BIC, por fin!
DECRETO 190/2011, do 22 de setembro, polo que se declara ben de interese cultural, coa categoría de zona arqueolóxica, o Castro de Baroña, no termo municipal de Porto do Son, na provincia da Coruña.
http://www.xunta.es/dog/Publicados/2011/20111010/AnuncioCA03-280911-6831_gl.html
Oscar Franco says:
Mai 30, 2014
Castro Baroña na prensa escrita (30/05/2014):
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/ocioycultura/2014/05/30/castro-barona-redescubre-monumental-foso-defensivo/0003_201405G30P39991.htm#.U4gMZeQKZpg.facebook
Gavilanes67 says:
Xuñ 19, 2014
Video aéreo do Castro:
http://vimeo.com/91068096
Oscar Franco says:
Mai 13, 2015
Os últimos achádegos no Castro de baroña na seguinte ligazón:
http://www.manuelgago.org/blog/index.php/2015/05/13/a-nova-escada-do-castro-de-barona/
Oscar Franco says:
Set 11, 2016
A prensa escrita do 9 de setembro de 2016 recolle a nova das xestións levadas a cabo polo rexidor municipal para a realización dunha nova campaña arqueolóxica neste fermoso lugar:
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/barbanza/2016/09/09/barona-prepara-nueva-excavacion-arqueologica-30-anos-despues/0003_201609B10C3991.htm
elixiovieites says:
Feb 11, 2017
O Castro de Baroña dende un dron
http://www.gciencia.com/video/asi-se-ve-o-castro-de-barona-dende-un-drone/
Memoria dos traballos de acondicionamento e consolidación arqueolóxica para
a posta en valor do Castro de Baroña . Ano 2015.
Enlace en http://biblioteca.galiciana.gal/public_xdg/es/catalogo_imagenes/grupo.cmd?path=1188986
Oscar Franco says:
Set 1, 2020
A prensa dixital do 30 de agosto de 2020 recolle a proposta dun novo pan de mantemento deste espectacular conxunto:
https://www.elcorreogallego.es/sam/barona-sera-objeto-de-un-nuevo-plan-de-mantenimiento-JF4403795#:~:text=de%20mantenimiento,-Imagen%20del%20Castro&text=Centrar%C3%A1n%20sus%20esfuerzos%20en%20la,desaparecendo%E2%80%9D%2C%20asegur%C3%B3%20el%20regidor.
Oscar Franco says:
Mai 19, 2022
Volven os traballos de conservación ao castro. A nova é do 18 de maio de 2022:
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/barbanza/2022/05/18/castro-barona-sigue-descubriendo-secretos/0003_202205B18C2992.htm