Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Santiso
Parroquia: Beigondo (San Cosme)
Lugar: Beigondo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Igrexa parroquial de planta rectangular, con muros de cachotería lucidos con morteiro de cemento sen pintar, e cuberta a dúas augas con tella curva do país.
A fachada principal, segue un esquema pentagonal e no eixo vertical central, organízase de abaixo arriba, coa porta principal rectangular alintelada. Sobre o ingreso un pequeno oco de luz e, rompendo o vértice da fachada, unha base para unha espadana de dous corpos franqueada por dous pináculos piramidais. O primeiro corpo formado por un arco de medio punto que descansa sobre piares moldurados e serve para aloxar a campá. O segundo corpo sobre cornixa, outro arco de medio punto franqueado por dous pináculos con bóla e sobre este, un acroterio cunha cruz de pedra enriba.
Como noutras igrexas do rural galego, aparece o cemiterio dentro do recinto do adro, formando un conxunto onde conviven a parroquia dos mortos e a parroquia dos vivos.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://siotuga.xunta.gal/siotuga/documentos/urbanismo/SANTISO/documents/27922ca004.PDF (Páx. 3).


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.854025852756
Lonxitude: -8.1469199260383
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84