
Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Castrelo de Miño / Ribeiro (comarca)
Parroquia: Macendo (Santa María)
Lugar: Tallón
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
A Igrexa de Santa María de Macendo encádrase no século XVIII, na plenitude da arquitectura barroca galega, sendo unha síntese da arquitectura compostelán. Ten nave de planta rectangular, tres corpos (o do presbiterio de maior altura), unha lanterna (hoxe desaparecida), arcos de medio punto, cabeceira cadrada e tribuna ós pes.
A fachada en forma de muro-telón, presenta unha portada enmarcada por bocel semicircular, enriba unha ventá cadrada coa mesma decoración, rematadas con pináculos. O conxunto coróase por unha gran torre-campanario.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta: RI.000024455
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
O retablo foi realizado en 1579 polo entallador Antonio Fernández de Monterrei, e pintado polo ourensán Fernán Pérez Feijóo.
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.galiciaenteira.com/santa-maria-de-macendo-castrelo-de-mino/
López Fernández, Luis: “A igrexa parroquial de Santa María de Macendo”, Revista Porta da Aira 2002
(http://dialnet.unirioja.es/servlet/fichero_articulo?codigo=2011146&orden=0)
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.3018518087Lonxitude: -8.03890228271
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
2 comentarios
luis lópez fernández says:
Xuñ 1, 2017
O retablo de 1579, era o da igrexa antiga. Hoxe ten outro do século XVIII, índa que pode ter algunha parte anterior.
A igrexa é construcción do século XVIII, según se pode ler na cartela da portada.
A aclaración pode ver la revista “Porta da Aira”, nomeada pa bibliografía.
Oscar Franco says:
Xuñ 5, 2017
Grazas LUIS LÓPEZ FERNÁNDEZ polos apuntamentos